fbpx
Carballo, A Coruña
+34 981 70 29 70
info@einsteinformacion.com

Formación para o Emprego

En Einstein Formación impartimos as accións formativas recollidas no Sistema de Formación Profesional para o Emprego, cuxa finalidade é facilitar a empregabilidade e a promoción profesional das persoas traballadoras (ocupadas e desempregadas), mellorando a súa cualificación e desenvolvendo as súas competencias persoais e profesionais, en resposta ás necesidades do mercado laboral e a mellora da competitividade empresarial:

  • Oferta de Formación Estatal ( SEPE e FUNDAE).
  • Oferta de Formación Autonómica: Accións Formativas para Desempregados ( AFD) da Xunta de Galicia.

Así mesmo, impartimos as accións formativas de adquisición das competencias clave, necesarias para alcanzar un pleno desenvolvemento persoal, social e profesional ao longo da vida. Para as persoas que non posúen as titulacións mínimas do sistema educativo, estas competencias clave son a chave de acceso aos Certificados Profesionais, os cales forman parte das Accións Formativas para Desempregados ( AFD) subvencionadas pola Xunta de Galicia:

  • Lingua castelá.
  • Lingua galega.
  • Lingua estranxeira (inglés).
  • Matemáticas.