ABERTO PRAZO DE INSCRIPCIÓN
solicita praza
CONVOCATORIA NACIONAL TURISMO 2023
Accións Formativas para o Sector de Hostalería e Turismo (Online)
Modalidade: Teleformación (Online)
Inicio: Próximamente
Horario: Pendente de determinar
Requisitos: Desenvolver a actividade laboral no ámbito sectorial do turismo:
- Hoteis, aloxamentos turísticos e cámpings.
- Restaurantes e establecementos de comidas e bebidas.
- Empresas de lecer e entretemento.
- Axencias de viaxes e operadores turísticos.
- Axencias de alugueiro de vehículos.
- Transporte de viaxeiros por estrada.
- Transporte aéreo.
- Empresas organizadoras de xogos de azar e apostas.
- Empresas de cátering.
Finalidade: Recualificación profesional das persoas traballadoras ocupadas do sector da hostalería e turismo, así como a adquisición de novas competencias para a transformación dixital, verde e produtiva, necesarias para a adaptación a un mercado de traballo dinámico, resiliente e inclusivo.
Obxectivos:
- Reforzar a posición dos traballadores do sector turístico nacional.
- Xerar emprego de calidade e mellorar as oportunidades das persoas traballadoras.
- Recualificar profesionalmente aos traballadores ocupados do ámbito sectorial do turismo.
- Adquirir e mellorar as competencias profesionais relacionadas cos requirimentos de produtividade e competitividade das empresas.
- Adquirir novas competencias para a transformación dixital, verde e produtiva.
- Adaptarse aos cambios no sistema produtivo.
- Mellorar as posibilidades de promoción profesional e desenvolvemento persoal dos traballadores.
- Mellorar a competitividade da industria turística tras o impacto da crise desencadeada pola pandemia do COVID-19.
Máis Información: As accións previstas nesta convocatoria están financiadas integramente polo Servizo Público de Emprego Estatal, no marco dos fondos europeos do Mecanismo para a Recuperación e a Resiliencia, Instrumento Europeo de Recuperación («Next Generation EU»).
Formación GRATUÍTA de ámbito nacional, dirixida prioritariamente ás persoas ocupadas do ámbito sectorial do Turismo, no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR) da dirección xeral do Servizo Público de Emprego Estatal.