fbpx
Carballo, A Coruña
+34 981 70 29 70
info@einsteinformacion.com

Mensaxe do Director

Mariano Santos Vela

Director de EINSTEIN FORMACIÓN
Centro autorizado pola Xunta de Galicia

 

Desde moi novo tiven claro que a miña vocación era o ensino e por iso, especialiceime no campo das ciencias, a tecnoloxía e as artes (hoxe coñecido como STEAM), convencido de que a miña misión era ofrecer a aquelas persoas que non tiveran a oportunidade de formarse, novas alternativas e mellores perspectivas de futuro.

Durante os primeiros anos de profesión, centreime na dinamización de grupos e a organización de actividades de lecer e tempo libre, concienciado coa importancia da educación ambiental e os beneficios de conectar á mocidade coa natureza.

Enseguida penetreime na formación de adultos, co obxectivo de facilitar o acceso ao traballo ás persoas con máis dificultades, pois a formación continua é a mellor maneira de propiciar unha carreira profesional adecuada ás demandas reais do mercado.

Na actualidade, Einstein Formación segue apostando pola educación e a formación profesional accesible e de calidade. Nós cremos en ti e estamos moi agradecidos por todos estes anos nos que ti criches en nós. O noso obxectivo é continuar avanzando contigo.