fbpx
Carballo, A Coruña
+34 981 70 29 70
info@einsteinformacion.com

Presentación

Einstein Formación nace en 1995 co obxectivo de dar resposta ás necesidades de empregabilidade en Carballo e a Comarca de Bergantiños, atendendo tanto á educación, en todas as súas etapas, como á formación profesional e a orientación laboral.

Durante máis de 25 anos de dedicación á docencia, en Einstein Formación consolidamos un equipo de profesionais altamente cualificados, orientados ao desenvolvemento educativo, profesional e persoal do noso alumnado e con gran experiencia nos sectores prioritarios da nosa área de influencia.

O noso catálogo de formación foi deseñado para atender as necesidades dos traballadores e as empresas, a través da formación profesional e o apoio en todas as etapas educativas, fomentando as competencias dixitais e o dominio de idiomas.

Os nosos docentes posúen as competencias psicopedagóxicas, tecnolóxicas e comunicativas necesarias para garantir unha aprendizaxe adecuada ás necesidades individuais do noso alumnado, ofrecendo ademais, atención especializada en Psicopedagoxía e Logopedia.

En Einstein Formación apostamos pola formación profesional para o emprego, pois sabemos que a formación continua é a clave do éxito na inserción laboral e o desenvolvemento da carreira profesional.

 

«A nosa motivación é acompañarche no teu camiño profesional ata alcanzar a excelencia»

O Equipo de Einstein Formación