Screenshot_1

 

EN EINSTEIN FORMACIÓN ESTE ANO QUEREMOS OFRECERLLES ALGO DIFERENTE, INNOVADOR E MOI DIVERTIDO PARA OS NENOS, OS SEGUINTES TALLERES:

 

-MAXIA PARA NENOS. OS MAGOS DA CASA
Ten un pequeno Harry Potter na casa, interesad@ na maxia? Pois logo este é o seu obradoiro!! Ofrecémoslles un cursiño de maxia para que poidan aprender trucos, xogos….para poder desenvolver esa afección que tanto lles gusta.

 

-PERRUQUERÍA PARA NENOS, MAMÁS E PAPÁS. OS PEQUENOS ESTILISTAS
Acabouse só levar o pelo solto ou unha simple coleta!! En EINSTEIN propoñémosvos un taller de Perruquería e Estética para aprendervos a peitear, maquillar, arreglar as uñas…para nenos e papás. Para que os/as peques se poidan peitear sós, ou uns irmás aos outros, ás amigas….Ou para mamás/papás que non teñen moita maña á hora de facerlles cousiñas diferentes!!

-TALLER DE MONÓLOGOS

Ten un nen@ falangueir@? Pois ó mellor ten un/ha monologuista en potencia na casa e non se decatou. Pódelle sacar proveito ás súas ocorrencias e locuacidade no noso Taller de Monólogos. É un taller de actuación dirixido a todos aqueles nenos que desexen desenvolver e traballar na expresividade e creatividade dende o individual e en forma grupal. A finalidade do taller é que o alumno adquira unha técnica para a representación de monólogos ante o público. Ademais, os alumnos aprenderán a utilizar o teatro como ferramenta potenciadora das súas habilidades de expresión en calquer contexto. Traballaránse  ferramentas da comunicación, como a voz, la expresión corporal, a confianza persoal e a conexión co público.

 

-TEATRO MUSICAL E EXPRESIÓN ARTÍSTICA

As clases de teatro e expresión artística, a través de xogos e actividades de grupo ou incluso individuais, son ideais para axudar ós nenos a desenvolver a expresión verbal e corporal, estimular e mellorar a memoria, vencer a timidez, mellorar a dicción, dominar a comunicación verbal e non verbal, reforzar tarefas académicas como a lectura e literatura, coñecer novos amig@s…etc en definitiva, facer que os nenos melloren a comunicación e se sintan máis seguros de si mesmos ao mesmo tempo que se divirten co noso teatro musical!!!

 


 

 

INFORMÁTICA PROFESIONAL

 

-Autodesk AutoCAD

É un software CAD utilizado para debuxo 2D e modelado 3D. AutoCAD é un software recoñecido a nivel internacional polas súas amplias capacidades de edición, que fan posible o debuxo dixiital de planos de edificios ou a recreación de imaxes en 3D; é un dos programas máis usados por arquitectos, enxeñeiros, deseñadores industriais e outros.

 

 

-SketchUp (ou Trimble SketchUp)

É un programa de deseño gráfico e modelado en (3D) tres dimensións basado en caras. Para entornos de arquitectura, enxeñería civil, deseño industrial, deseño escénico, GIS, videoxogos ou películas. A súa principal característica é a de poder realizar deseños complexos en 3D de forma extremadamente sixela. Permite conceptualizar e modelar imaxes en 3D de edificios, coches, persoas e calquer obxeto ou artículo que imaxine o deseñador ou debuxante.

 

 

-Autodesk Revit

É un software de Modelado de información de construcción (BIM, Building Information Modeling), para Microsoft Windows. Permite ó usuario deseñar con elementos de modelación e debuxo paramétrico. BIM é un paradigma do debuxo asistido por ordenador que permite un deseño baseado en obxetos intelixentes e en terceira dimensión. Deste modo, Revit provee una asociatividade completa de orde bi-direccional. Un cambio nalgún lugar significa un cambio en tódolos lugares, instantáneamente, sen a intervención do usuario para cambiar manualmente todas as vistas. Un modelo BIM debe conter o ciclo de vida completo da construcción, dende o concepto ata a edificación. Esto faise posible mediante a subxacente base de datos relacional de arquitectura de Revit, á que os seus creadores chaman o motor de cambios paramétricos.
-SolidWorks

É un software CAD (deseño asistido por ordenador) para modelado mecánico en 3D. El programa permite modelar pezas e conxuntos e extraer deles tanto planos técnicos como outro tipo de información necesaria para a producción. É un programa que funciona con base nas novas técnicas de modelado con sistemas CAD. O proceso consiste en trasvasar a idea mental do deseñador ao sistema CAD, “construíndo virtualmente” a peza ou conxunto. Posteriormente todas as extraccións (planos e ficheiros de intercambio) se realizan de maneira bastante automatizada.
-Autodesk Inventor

É un paquete de modelado paramétrico de sólidos en 3D. Autodesk Inventor baséase en técnicas de modelado paramétrico. Os usuarios comezan deseñando pezas que se poden combinar en ensamblaxes. Corrixindo pezas e ensamblaxes poden obterse diversas variantes. Como modelador paramétrico, non debe ser confundido cos programas tradicionais de CAD. Inventor utilízase en deseño de enxeñería para producir e perfeccionar productos novos, mientras que en programas como Autocad se conducen só as dimensións. Un modelador paramétrico permite modelar a xeometría, dimensión e material de maneira que se se alteran as dimensiós, a xeometría actualiza automáticamente basándose nas novas dimensións. Esto permite que o deseñador almacene os seus coñecementos de cálculo dentro do modelo, a diferencia do modelado non paramétrico, que está máis relacionado con un “taboleiro de bocetos dixitais”. Inventor también ten ferramentas para a creación de pezas metálicas.
-Autodesk Revit Architecture

Programa de Modelado de información de construcción (BIM, Building Information Modelling). En CAD debuxamos e en BIM construímos.