Nova convocatoria marzo 2026
Cursos GRATIS para desempregados e traballadores en activo de Galicia
Modalidade: EN LIÑA/Teleformación (sen horarios, só tes que vir ao noso centro para realizar os exames).
Prezo: Gratis ao estar financiado pola Xunta de Galicia e o Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes, os alumnos desempregados teñen axudas.
Prácticas: Os cursos teñen prácticas en empresas.
Destinatarios: Preferentemente desempregados e traballadores en activo de Galicia.
Prazas reducidas: 30 por curso.
Centros: En Carballo y Rianxo
Data de inicio prevista: marzo 2026
En Einstein Formación impartimos as accións formativas recollidas no Sistema de Formación Profesional para o Emprego, cuxa finalidade é facilitar a empregabilidade e a promoción profesional das persoas traballadoras (ocupadas e desempregadas), mellorando a súa cualificación e desenvolvendo as súas competencias persoais e profesionais, en resposta ás necesidades do mercado laboral e a mellora da competitividade empresarial:
Así mesmo, impartimos as accións formativas de adquisición das competencias clave, necesarias para alcanzar un pleno desenvolvemento persoal, social e profesional ao longo da vida. Para as persoas que non posúen as titulacións mínimas do sistema educativo, estas competencias clave son a chave de acceso aos Certificados Profesionais, os cales forman parte das Accións Formativas para Desempregados ( AFD) subvencionadas pola Xunta de Galicia