Carballo, Galicia, España
(+34) 981 70 29 70
info@einsteinformacion.com

"Permítenos acompañarte en tu camino profesional a la excelencia"

El Equipo de Einstein Formación

O noso Obxectivo é o teu Éxito

En Einstein Formación facilitámosche o acceso á formación, desde os niveis iniciais da educación regrada, ata os niveis superiores da mesma, así como á formación para o emprego e a teleformación. O noso equipo de profesionais asesorarache, sen compromiso.

Formación para o Emprego

Somos un centro de formación homologado pola Xunta de Galicia para impartir as Accións Formativas recollidas no Sistema de Formación Profesional para o Emprego, cuxa finalidade é impulsar o desenvolvemento persoal e profesional das persoas traballadoras (ocupadas e desempregadas).

learn more

Teleformación

O noso amplo catálogo de formación en liña está dirixido a estudantes, profesionais e empresas dos diferentes sectores de actividade. Ampliamos o noso catálogo e revisamos de forma continua os nosos contidos para mantelos actualizados e garantir así a calidade dos mesmos.

learn more

Apoio ao Ensino

O noso equipo de docentes, psicopedagogos e logopedas atenden as necesidades individuais do noso alumnado, comezando desde a programación personalizada de accións de reforzo ao ensino regrado, en todas as etapas do sistema educativo: EPO, ESO, BAC, FP e Universidade.

learn more
NOVAS TECNOLOXÍAS

Desenvolve as Competencias Dixitais

Einstein Informática é a nosa división especializada nas novas tecnoloxías, a través da cal, ofrecemos un amplo catálogo de formación para a adquisición e mellora das competencias dixitais, básicas e avanzadas.

saber máis
OFIMÁTICA

Adquire as competencias dixitais necesarias para estudar ou traballar e marcar a diferenza. Aprende a traballar na Nube.

CONTABILIDADE E XESTIÓN

Adquire ou amplía os teus coñecementos de contabilidade e xestión administrativa para dominar a realidade empresarial.

DESEÑO

Iníciate no mundo do deseño gráfico ou industrial e crea os teus propios contidos, planos, produtos, etc.

CIBERSEGURIDADE

Di non aos ciberataques e aprende a protexer os teus equipos e os teus datos dos ciberdelincuentes.

IDIOMAS

Prepara os Exames Oficiais

Adquire ou perfecciona a túa competencia lingüística connosco e prepara os exames oficiais para conseguir a acreditación do teu nivel de dominio da lingua.

ENGLISH

Preparación dos exames da Escola Oficial de Idiomas (EOI).

ENGLISH KIDS

Aprenderás a comunicarte en Inglés desde as primeiras etapas educativas.

GALEGO

Preparación dos exames de certificación da lingua galega (Celga).

SPANISH

Preparación dos exames do Diploma de Español como Lingua Extranxeira (DELE).

Catálogo Formativo

Se o desexas, un/a dos/as nosos/as profesionais poñerase en contacto contigo e informarache, de maneira personalizada, sobre as diferentes propostas formativas que temos dispoñibles para ti.

¿Falamos?

Queremos acompañarte na túa carreira profesional.

Contact@

EINSTEIN FORMACIÓN Rúa Manuel María, 12 CP: 15100 Carballo (A Coruña) 981 70 29 70 | info@einsteinformacion.com Rúa do Hospital, 20 CP: 15920 Rianxo (A Coruña) 981 45 64 74 | rianxoformacion@norformacion.info

[ Carballo ][ Rianxo ]
Ao encher este formulario, autoriza a Einstein Formación a poñerse en contacto con vostede e informarlle sobre os aspectos relacionados coas accións formativas ou os servizos correspondentes. Os seus datos serán tratados segundo consta na Política de Privacidade que regula esta web. Grazas por confiar no noso equipo.